Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Fórum acolle Expo Voda, o I Salón...

HORARIO: ININTERROMPIDO DE 11.00 A 21.00 HORAS

O Fórum acolle Expo Voda, o I Salón de Vodas, Comuñóns e Celebracións de Carballo: a fin de semana do 6 e 7 de abril

Venres 22 de marzo do 2013

O acceso ao recinto, que inclúe unha pasarela para desfilar, un espazo para os stands e outro para as degustacións, está restrinxido ás invitacións que reparten os establecementos participantes durante os días previos, ou a unha entrada simbólica de 2 € que se pode pagar no momento de acceder ao salón. O motivo, segundo explica Freire, é que os propios establecementos solicitaron este requisito, xa que o obxectivo "non é tanto que haxa un número moi elevado de asistentes, senón que se trate dun público interesado nos servizos que se ofrecen". O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo salientar o feito de que nestes momentos xurdan novas iniciativas como este salón, xa que "a crise golpea dunha maneira crúa, incluso no número de enlaces celebrados". Así, mentres que en 2011 houbo 50 vodas civís, en 2011 só se celebraron 26 e no que vai de ano 2013 tan só unha, o 14 de febreiro. Ferrero desexou que esta feira sirva non só para "que a xente poida ver nun único percorrido grande parte de contidos personalizados", senón para incentivar o sector. Por último, espera que este I Expo Voda teña continuidade no futuro e que que redunde no beneficio "de todas as persoas que apostan por este tipo de eventos".

Compartir: