Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno aborda a aprobación do orzamento...

O RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO BAIXA UN 88 POR CENTO

O pleno aborda a aprobación do orzamento de 2013 e do Inventario Municipal de Bens, que ascende a 262 millóns de euros

Venres 22 de marzo do 2013

Precisamente o punto máis importante da orde do día é a aprobación inicial dos Presupostos xerais da corporación para 2013, que teñen un importe de 21.936.446,61 euros no apartado de ingresos e de 21.057.765,23 euros no de gastos. Os interesados e interesadas poden consultar as cifras do documento polo miúdo premendo aquí. A única novidade respecto das cifras iniciais presentadas o 16 de marzo polo Concello, consiste na incorporación dunha emenda como consecuencia das conclusións da Mesa de Negociación celebrada o 19 de marzo. Segundo os informes achegados por Secretaría e Intervención, poderase incorporar ao Capítulo 1 de gastos de persoal a promoción interna dos anos 2010, 2011 e 2012, o que supón un incremento de 61.800,65 euros dese apartado. Esta cantidade incorporarase dende o Capítulo 6 de Investimentos reais do orzamento, en concreto da partida de Urbanización de terreos que tiña un importe de 180.000 euros. Escolleuse esa partida porque a eliminación desa cantidade non supón ningún problema, xa que a regra de gasto permite que eses 61.800,65 euros sexan repostos, de ser necesario, a través do remanente de tesourería, xa que ao remate do exercicio de 2012, ese apartado todavía contaba con crédito dispoñible.

O Alcalde, Evencio Ferrero, tamén quixo engadir, respecto dos orzamentos, que Carballo está por enriba da media española, e moi por enriba da media galega na porcentaxe do orzamento que se destina a investimentos reais. Así, no treito de municipios de 20.000 a 50.000 habitantes, mentres que Carballo destina o 20,85 por cento das contas (con 4,3 millóns de euros) a este concepto, concellos próximos, como o de Arteixo, destinan o 14,3 por cento; ou Narón tan só o 9,06 por cen. Por último, a orde do día, no seguimento de órganos de Alcaldía, inclúe a dación de conta da Liquidación do orzamento de 2012, tanto do Concello como do Padroado Deportivo Municipal. No primeiro caso, as cifras son as seguintes: o resultado orzamentario é de 3.699.301,45 euros; o remanente de tesourería é de 5.856.724,96 euros; e o remanente de tesourería para gastos xerais é de 5.070.145,89 euros. No que se refire ao Padroado: o resultado orzamentario é de 4.609,13 euros; e o remanente de tesourería para gastos xerais é de 132.540,14 euros. Por último, dáse conta do Informe de intervención de avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade presupostaria, da regra de gasto e do límite da débeda, tanto o que se refire ao orzamento prorrogado (vixente ata que o de 2013 non reciba o visto e prace) como ao orzamento do presente exercicio. Nos dous casos os informes son favorables.

Compartir: