Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicadas obras de mellora de rúas e...

LUZ VERDE PARA OS VENRES CULTURAIS E PRIMAVERA ENDANZA

Adxudicadas obras de mellora de rúas e camiños na capital e parroquias, así como para redes de saneamento en Ardaña e Rus

Luns 25 de marzo do 2013

A sesión supuxo, así mesmo, a aprobación do programa da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) para o primeiro semestre de 2013, no que se inclúen varias actuacións do programa Venres Culturais, que comeza a primeiros de abril, e de Primavera enDanza, que se desenvolverá durante o mes de maio, programas que tamén recibiron o visto e prace durante a Xunta de Goberno. Serán un total de 15 actuacións no Pazo da Cultura entre as dúas iniciativas, con presenza de teatro, música e baile para todos os públicos. Por último, a sesión supuxo a concesión dunha licenza de obra e dunha licenza de primeira ocupación, mentres que no apartado de expedientes de contratación aprobouse o contrato administrativo do servizo de "Actualización da cartografía informatizada a E:1/5000 (HAS 15379) e E:1/2000 dos núcleos rurais incorporados no documento de aprobación inicial do PXOM do Concello de Carballo"; o expediente do contrato administrativo de subministro "Deseño, construción, decoración e montaxe dun punto de información para o apoio ao turismo de congresos no Fórum Carballo"; e o expediente do contrato administrativo de subministro "Elaboración dun punto de información móbil" para os recursos turísticos do Concello.

Compartir: