Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde no pleno aos Presupostos xerais para...

APROBADO UN RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE 37.000 EUROS

Luz verde no pleno aos Presupostos xerais para 2013 cunha emenda para incrementar os gastos en Formación e Emprego

Martes 26 de marzo do 2013

Nunha sesión de dúas horas de duración, na que a maior parte do debate xirou arredor das contas para 2013, recibiu o apoio unánime dos concelleiros o Recoñecemento extraxudicial de crédito 2/2013 do exercicio 2012. Este mecanismo permite recoñecer para o seu pago as facturas presentadas no Rexistro do Concello antes do 31 de decembro de 2012 e que por diversos motivos non se puideron abonar antes do remate do exercicio. Este recoñecemento é o segundo de 2012 e ten un importe de 37.867 euros, que sumados aos 37.287,36 euros do primeiro -aprobado en pleno o 10 de xaneiro- supoñen un total de 75.155,56 euros, un 88 por cento menos que o importe do exercicio anterior, que ascendía a 482.877,35 euros. Respecto do total do orzamento, o recoñecemento de 2012 supón un 0,39 por cento. Coa abstención do PP e o apoio do resto dos grupos aprobouse o Inventario Municipal de Bens do Concello de Carballo actualizado a 31 de decembro de 2012. O inventario recolle a existencia de 16.091 bens por un importe de 262.512.290,05 euros. Desa cantidade, a ampla maioría correspóndese con bens inmobles, un total de 7.823 por un valor de 257.430.204,47 euros. O Concello conta con 69 mobles histórico artístico por valor de 290.183,51 euros; así como con 47 vehículos valorados en 356.720,54 euros. O segundo apartado en importancia dentro do inventario é o de bens mobles, como aparatos informáticos, mobiliario, etc., por un importe de 4.386.970,78 euros.

Por último, nunha sesión centrada en asuntos económicos, no apartado de seguimento de órganos da alcaldía deuse conta da Liquidación do orzamento de 2012, tanto do Concello como do Padroado Deportivo Municipal. No primeiro caso o resultado orzamentario é de 3.699.301,45 euros; o remanente de tesourería é de 5.856.724,96 euros; e o remanente de tesourería para gastos xerais é de 5.070.145,89 euros. No que se refire ao Padroado, o resultado orzamentario é de 4.609,13 euros; e o remanente de tesourería para gastos xerais é de 132.540,14 euros. Por último, deuse conta do Informe de intervención de avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, da regra de gasto e do límite da débeda, tanto o que se refire ao orzamento prorrogado (vixente ata que o de 2013 non reciba o visto e prace definitivo) como ao orzamento do presente exercicio. Nos dous casos os informes son favorables.

Compartir: