Inicio Carballo ao día Hemeroteca O programa Venres Culturais comeza con...

VENRES 5 E SÁBADO 6 DE ABRIL NO PAZO DA CULTURA

O programa Venres Culturais comeza con música e teatro a cargo de Quico Cadaval e Mofa e Befa e do festival Rockarballo

Xoves 4 de abril do 2013

O propio Quico Cadaval presentou o espectáculo en Carballo, lembrando que, despois de moitas visitas ao Pazo da Cultura, "estamos acostumados a ter o teatro cheo", algo que espera que se repita o venres 5. Entre as claves da proposta, mencionou una disputa entre "Julio Iglesias e Frankenstein a ver quen está máis operado", nunha obra que describe como un "delirante carrusel" sobre "o que é o romántico e no que realmente derivou o romanticismo", un carrusel que "converte poetas en pallasos e viceversa". Hai que mencionar que "Románticos!" ten acumulado xa máis de 3.000 espectadores e espectadoras en salas de toda Galicia nas súas primeiras nove funcións, e que Víctor Mosqueira está nomeado aos Premios María Casares como Mellor actor principal. A primeira fin de semana dos Venres Culturais complétase o sábado 6 de abril coa música do festival Rockarballo, unha cita que leva ao Pazo da Cultura os grupos máis representativos do panorama musical carballés.

O festival está dividido en dous concertos repartidos ao longo da celebración dos Venres Culturais. Nesta primeira cita está prevista a presenza dos grupos Killer Cats e Amenaza de muerte, os dous de Carballo. A proposta mestura bandas máis alternativas con outras formacións de carácter máis clásico da capital de Bergantiños. Toda unha aposta pola diversidade musical na que versións de cancións xa coñecidas e novos temas conforman o programa desta primeira toma de contacto coa música máis urbana. A entrada é de balde ata completar o aforo, a partir das 21.00 horas no auditorio. A duración prevista do espectáculo é de 60 minutos. Os interesados e interesadas en obter máis información sobre os Venres Culturais poden dacelo nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: