Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello traballa para plasmar algunhas das...

ESTÚDASE A COLOCACIÓN DUNHA LONA XIGANTE COA CASA DE CHINTO

O Concello traballa para plasmar algunhas das ideas do alumnado da Escola de Arquitectura e mellorar o urbanismo carballés

Venres 5 de abril do 2013

Precisamente o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, anunciou durante a presentación que o Concello está traballando en levar a cabo, alomenos en parte, esta última proposta, colocando unha gran lona para cubrir a medianeira do edificio situado detrás da Ludoteca Municipal -na rúa Desiderio Varela- coa imaxe da antiga Casa de Chinto, noutro tempo presente nesta contorna. O proxecto tería un custo aproximado de 12.000 euros, contaría coa colaboración no financiamento de Conservas Calvo e nestes momentos está esperando a aprobación da comunidade de propietarios do edificio. Porén, Cristóbal Crespo non renuncia a que se poidan plasmar outras das ideas, subliñando que as posibilidades que ofrecen as conclusións poden "axudar a reparar a cidade", especialmente as máis sinxelas, sobre todo porque estaría baseadas, "xa non no 'low-cost', senón no 'no-cost'", ademais de na implicación veciñal e colectiva.

O profesor da ETSA Felipe Peña, impulsor das xornadas que agora están plasmadas neste libro, subliñou que estas iniciativas "axudan moito a que a xente vexa as posibilidades da súa cidade" con "experiencias que nos ensinan a pensar que non todo é crise". Peña tamén quixo expresar o seu agradecemento ao Concello e a Conservas Calvo pola súa implicación no proxecto. Hai que subliñar que a Escola de Arquitectura ten pensado seguir con esta iniciativa, visitando outros concellos da zona. O Alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, estivo na presentación do libro para recoller o testemuño de cara a próximas xornadas, e facendo fincapé no eixo industrial Arteixo-A Laracha-Carballo como "o principal eixo económico de Galicia no futuro". Amosou o seu interese nalgunhas iniciativas, como a creación dese "metro ficticio" que no seu momento entusiasmou aos profesores do curso, todo co obxectivo de que "as cidades pequenas conten cun plus de calidade no que respecta ao urbanismo".

Compartir: