Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo contribúe ao desenvolvemento do...

INSCRICIÓNS NOS CURSOS DO 15 AO 26 DE ABRIL, INCLUSIVES

Carballo contribúe ao desenvolvemento do proxecto RedeXiana2 para o fomento do emprego na provincia

Venres 12 de abril do 2013

No caso das accións formativas de base, trátase de obradoiros de empregabilidade, habilidades sociais e comunicativas, alfabetización informática, responsabilidade social, novas tecnoloxías da información e comunicación ou condución económica e eficiente entre outras; e no caso das accións específicas, poden ser ou ben da familia profesional do transporte e/ou loxística como operador/a de estiba/desestiba e desprazamento de cargas ou ben da familia profesional da industria e maquinaria co curso de montador de estruturas metálicas e, montaxe e posta en marcha de bens de equipo e maquinaria industrial. As persoas participantes formarán parte de sendos itinerarios formativos e de inserción laboral previstos no proxecto, a través dos cales poderán recibir a formación adecuada ás súas necesidades formativas e a orientación e titorización individualizada de xeito permanente ao longo de todo o proceso. Polo tanto, as persoas interesadas poden, e incluso recoméndaselles, que fagan varias accións formativas deste proxecto.

O obxectivo final consiste nunha maior profesionalización das persoas desempregadas e a súa inserción no mercado laboral en termos de calidade e responsabilidade social, en virtude do Pacto Provincial polo Emprego Responsable na provincia da Coruña, asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que participan no proxecto RedeXiana2. Poderán acceder ao proceso de selección para participar no proxecto, as persoas desempregadas que estén empadroadas no concello e que cumpran os requisitos de acceso. As persoas interesadas deben anotarse na súa localidade de residencia. No caso de Carballo, deben acudir ao Centro Municipal de Formación no Forum, situado na Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n (barrio da Milagrosa, antigo recinto feiral) ou ben poden solicitar información no teléfono 981 709 011 (preguntar por Mila Antelo).

Compartir: