Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Club Ciclista Carballo volve co ciclo de rutas...

PRIMEIRA CITA: SÁBADO 13 DE ABRIL ÁS 16.00 HORAS

O Club Ciclista Carballo volve co ciclo de rutas "Coñece o teu Concello" durante os meses de abril e maio

Martes 9 de abril do 2013

Dado o éxito de edicións anteriores, a organización aposta pola continuidade e mantén os mesmos percorridos que nos anos pasados. Despois da Ruta 1 do sábado 13 de abril, de Sísamo a Oza, as citas cambian do sábado ao domingo, e a hora de saída das 16.00 ás 10.30 horas, aínda que permanece o lugar de encontro, a Praza do Concello. Son as seguintes:

  • Ruta 2: domingo 21 de abril. De dificultade media e 19,5 quilómetros, visita Artes, Sofán, Berdillo e Bértoa.
  • Ruta 3: domingo 5 de maio. Duns 27 quilómetros de lonxitude, ten unha dificultade media e transcorre por Ardaña e Rus. Está especialmente dirixida BTT (Bibicleta Todo Terreo)
  • Ruta 4: domingo 19 de maio. De 32 quilómetros de lonxitude e dificultade media, realiza un percorrido pola costa: Razo, Lema, Rebordelos, Noicela e Vilela.
Cada participante recibe información da ruta e unha explicación do percorrido e dos bens históricos que se van visitar. A organización recomenda o uso do casco. Recoméndase tamén levar roupa de abrigo se o día non é soleado, así como levar auga e accesorios para reparar unha picada (cámara e bomba de aire). O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo felicitar ao club por esta iniciativa "non só deportiva, senón formativa, porque explica aos asistentes os valores paisaxísticos e culturais do Concello". Na presentación da proposta estiveron, ademais do Alcalde e o Concelleiro de Deporte, tres membros da directiva do Club Ciclista Carballo - Placasa: Juan Rodríguez Carracedo, Ramón Carlos Blanco Amado e Lalo Deus. A presidenta desculpou a súa ausencia debido a unha viaxe a Oviedo co equipo xuvenil.

Compartir: