Inicio Carballo ao día Hemeroteca A campaña de dinamización...

XOVES 11 E MARTES 16 DE ABRIL

A campaña de dinamización lingüística "Gústame o galego" chega ao alumnado dos IES Parga Pondal e Alfredo Brañas

Mércores 10 de abril do 2013

Todas as fotos que se sacan nos diversos lugares por onde vai pasando a campaña son difundidas despois nas redes sociais, e pódense ver no enderezo <www.gustame.gl>. Tamén se pode ver un pequeno vídeo sobre a campaña en Youtube. Nesta optimista, enérxica e exitosa campaña que agora chega a Carballo xa participaron nos diversos lugares nos que estivo máis de 1.000 persoas a nivel individual, tanto anónimas como coñecidas, como por exemplo Luís Tosar, Luís Iglesia, Yolanda Castaño, Tonhito de Poi, Mónica Caamaño, Rubén Riós, Manuel Rivas, Touriñán, Federico Pérez, Comba Campoi, etc. A campaña está desenvolvida pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e para a súa visita a Carballo conta coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello. Antes de chegar á capital de Bergantiños pasou por Pontevedra, Silleda, Carnota, Vigo, Ourense ou Santiago, e nas próximas semanas estará por Ames, A Coruña, Ferrol, Moaña, Narón, Burela, etc. O xoves 11 o pousadoiro de Gústame o galego está no IES Parga Pondal de 10.00 a 13.00 horas, e ás 10.30 horas o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e mais o concelleiro de Normalización Lingüística, Xosé Regueira, acudirán alí para tamén sacar unha foto e dicir que lles gusta o galego.

Compartir: