Inicio Carballo ao día Hemeroteca O alumnado do Parga Pondal apúntase, xunto...

O MARTES 16 A INICIATIVA VISITA O IES ALFREDO BRAÑAS

O alumnado do Parga Pondal apúntase, xunto co Alcalde e o Concelleiro de Dinamización Lingüística a "Gústame o galego"

Xoves 11 de abril do 2013

Todas as fotos que se sacan nos diversos lugares por onde vai pasando a campaña son difundidas despois nas redes sociais, e pódense ver no enderezo <www.gustame.gl> a través de Facebook. Tamén se pode ver un pequeno vídeo sobre a campaña en Youtube. Nesta optimista, enérxica e exitosa campaña que agora chega a Carballo xa participaron nos diversos lugares nos que estivo máis de 1.000 persoas a nivel individual, tanto anónimas como coñecidas, como por exemplo Luís Tosar, Luís Iglesia, Yolanda Castaño, Tonhito de Poi, Mónica Caamaño, Rubén Riós, Manuel Rivas, Touriñán, Federico Pérez, Comba Campoi, etc. A campaña está desenvolvida pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e para a súa visita a Carballo conta coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello. Antes de chegar á capital de Bergantiños pasou por Pontevedra, Silleda, Carnota, Vigo, Ourense ou Santiago, e nas próximas semanas estará por Ames, A Coruña, Ferrol, Moaña, Narón, Burela, etc. Hai que lembrar tamén que o martes 16 de abril a iniciativa tamén estará no IES Alfredo Brañas da capital municipal.

Compartir: