Inicio Carballo ao día Hemeroteca A fotógrafa Mónica Noya...

EN HORARIO DE 18.00 A 21.00 HORAS

A fotógrafa Mónica Noya expón a súa "persoal" visión sobre como "Vivir do mar" até o 10 de maio no Pazo da Cultura

Venres 12 de abril do 2013

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que acompañou á fotógrafa durante a inauguración da exposición, ao igual que a Concelleira de Cultura, Mar Eirís, e outros membros da corporación ademais de veciños e veciñas, quixo agradecer que Mónica Noya escollera o Pazo da Cultura para "compartir as súas creacións", un espazo que está reservado para a creatividade e para "as diferentes expresións artísticas, incluída a fotografía". Ferrero quixo subliñar a grande "vitalidade das vilas mariñeiras" e especialmente de Malpica e desexou que a exposición permita "trasladarlle á xente a intensidade vital da Costa da Morte", xa que "Carballo non se entende sen a Costa da Morte e a Costa da Morte non se entende sen Carballo". Nas súas verbas tamén lembrou á xente do mar, "que achega a súa entrega" cada día. Finalmente, para Mónica Noya "o meu maior desexo é espertar a admiración por aqueles que descoñecen este mundo entregado ao mar e para que os que forman parte deste 'modus vivendi' vexan neste documental unha pequena homenaxe dedicada a eles". Os interesados e interesadas en obter máis información, poden consultar a páxina web <www.monicanoya.com>.

Compartir: