Inicio Carballo ao día Hemeroteca A campaña "Presume de...

INICIATIVA DA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO COA AXUDA DO CONCELLO

A campaña "Presume de praceiro/a" reparte 150 euros en vales de compra entre tres clientes do mercado municipal

Venres 12 de abril do 2013

Por último, hai que subliñar que os interesados e interesadas aínda poden participar nesta iniciativa a través dun segundo sorteo que se desenvolverá o día 3 maio. Para iso, os veciños e veciñas tan só teñen que mercar no mercado municipal e depositar as papeletas na urna que seguirá colocada no recinto durante os próximos días. Ao remate da campaña, ademais de repartirse outros 150 euros en vales, contabilizaranse as papeletas e elixirase de novo ao praceiro ou praceira favorito/a dos clientes da praza carballesa. Nas edicións anteriores teñen sido dous carniceiros: Santiago de Carnicería Santiago (2011) e Jesús Manuel Costa, de Carnicería Costa (2010). O obxectivo desta campaña é incentivar o consumo de produtos perecedoiros frescos e resaltar os valores de compra nos mercados, así como a posta en valor dos profesionais que traballan cada día neles. Os interesados e interesadas en obter máis información poden facelo na web da Dirección Xeral de Comercio dispoñible nesta mesma nova.

Compartir: