Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aspaber clausura coa entrega de diplomas un...

O ALCALDE E A DIRECTORA DE FUNDOSA PRESIDIRON O PECHE

Aspaber clausura coa entrega de diplomas un exitoso curso de Coidador de persoas con discapacidade física e psíquica

Venres 12 de abril do 2013

Así mesmo, Vázquez quixo resaltar a actitude positiva de todos os cursillistas e, ao igual que Costa, desexou que a Fundación ONCE teña en conta á entidade para futuras experiencias formativas. Menchu Iglesias recolleu "o guante" lanzado pola directiva de Aspaber, especialmente en iniciativas que fomenten "a inserción laboral". Salientou que non é a primeira ocasión na que Fundosa e Aspaber colaboran e quixo felicitar aos diplomados por demostrar a súa actitude "traballadora e responsable". Respecto do futuro, manifestou a intención da entidade que representa de seguir colaborando, ben afondando no ámbito da formación ou incluso "a través doutras vías que teñan máis capacidade de xerar emprego". Por último, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo expresarlle a Aspaber o agradecemento de "todos os carballeses e carballesas polo extraordinario traballo que estades a facer". Manifestou a necesidade de que se "derruben moitas barreiras, especialmente aquelas que están internamente dentro de cada individuo". Por último, lembrou que o Concello carballés está pendente da resolución do concurso para a concesión do servizo de limpeza nos centros de ensino municipais, e expresou que "sería extraordinario que en boa lid Aspaber resultase ser a empresa adxudicataria". Rematou transmitindo os parabéns de todos os presentes ás persoas que fixeron o curso (na imaxe).

Compartir: