Inicio Carballo ao día Hemeroteca Alumnado da localidade bretoa de Vannes visita...

ESTARÁN NA VILA ATÉ O VENRES 19 DE ABRIL

Alumnado da localidade bretoa de Vannes visita Carballo nun intercambio con rapaces e rapazas do IES Monte Neme

Venres 12 de abril do 2013

A profesora de Lingua Francesa no IES Monte Neme, Sandra Rodríguez Nieto, quixo resaltar a gran cantidade de semellanzas existentes entre Carballo e Vannes, moitas máis das que podería parecer nun primeiro momento, e subliñou que o intercambio ten moitas cousas que ensinarlles ás dúas partes. Como anécdota, comentou que moitos dos alumnos e alumnas da delegación francesa xa tiveron a oportunidade de desfrutar dalgunhas das mellores mostras da gastronomía galega. Esta visita enmárcase dentro do Proxecto Comenius Regio "Échangeons notre échange scolaire" ("Intercambiemos o noso intercambio escolar") que busca promover o desenvolvemento de actividades de cooperación entre autoridades activas no eido da educación en Europa e contribuír así a mellorar a súa oferta de ensino, participando por parte de Carballo o IES Monte Neme. A iniciativa para que o IES Monte Neme tomase parte no Proxecto Comenius Regio partiu da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O tema central son os intercambios e o seu fomento, sendo o eixe do proxecto o lanzamento dun protocolo de xestión para desenvolver este tipo de actividades. A primeiros de marzo unha delegación de alumnado do IES Monte Neme tivo a oportunidade de coñecer Vannes, quedando moi contentos pola acollida, e agora é a quenda da cidade bretoa en Carballo.

Compartir: