Inicio Carballo ao día Hemeroteca A proposta teatral de "Gaivotas...

VENRES 19 E SÁBADO 20 ÁS 21.00 HORAS NO PAZO DA CULTURA

A proposta teatral de "Gaivotas subterráneas" e a música local do Rockarballo: no programa dos Venres Culturais

Mércores 17 de abril do 2013

Respecto do elenco de "Gaivotas Subterráneas", Luis Iglesia é un dos actores máis recoñecidos polo público galego. O seu papel como Carmelo Matalobos na exitosa serie de Voz Audiovisual do mesmo nome consolida unha carreira na que destacan tamén series como "Terra de Miranda" ou "Un Mundo de Historias" e filmes como "Heroína" ou "Vilamor", entre outros moitos traballos. Participou en propostas a nivel estatal como "Piratas" ou "La Fuga", para Telecinco e filmes como "No soy como tú". No Teatro ten traballado en compañías como Teatro do Aquí, Teatro do Atlántico, Volta e Dalle, etc. Xabier Deive é outro dos máis grandes actores da nosa terra que ademáis de ser coñecido pola audiencia galega por series como "Matalobos", "Os Atlánticos" ou "A vida por diante", ten traballado tamén no ámbito estatal en series como "Bandolera", "Piratas" ou "De repente los Gómez" entre outras. No cinema destacan traballos como "El menor de los males", "La Mujer del Anarquista", "Conexao", etc. Ten unha ampla experiencia teatral en compañías como Teatro Maltés, Uvegá, Ancora Teatro, Teatro do Morcego, o Centro Dramático Galego, etc.

A proposta dos Venres Culturais para a fin de semana complétase coa actuación musical da segunda cita do Rockarballo. Grupos veteranos xa consolidados no mundo da música e outros máis noveis danse cita neste concerto no que cada formación interpreta temas propios e tamén famosas versións, conseguindo un repertorio de estilo que vai dende o rock máis clásico, pasando polo soul ata o pop máis lixeiro. A duración prevista do concerto, no que participan desta volta The Cerme, Sweet, Strobos, Lowcos e Versión Imposible. A cita é o sábado 20 ás 21.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura e a entrada é de balde ata completar o aforo. A duración prevista do espectáculo é de 90 minutos. Os interesados e interesadas poden consultar a programación dos Venres ao completo nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: