Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pon en marcha o servizo de recollida...

COLOCARANSE NAS PRINCIPAIS ESTRADAS QUE CRUZAN O MUNICIPIO

O Concello pon en marcha o servizo de recollida selectiva no rural coa colocación de 165 novos colectores de cartón e envases

Venres 19 de abril do 2013

Tamén hai que mencionar que a posta en marcha deste servizo é experimental nestes primeiros momentos, co obxectivo de analizar o seu uso por parte da poboación antes da colocación final de todos os puntos, xa que para a recollida do total a empresa concesionaria Urbaser-UTE Carballo, necesitará incorporar os novos camións de recollida que nestes momentos están en fabricación e que se incorporarán nos vindeiros meses. Os colectores instalados nesta primeira fase piloto serán procesados cos medios actuais de recollida semiautomática. Está previsto que todo o proceso estea rematado a primeiros do verán. En total colocaranse 33 colectores (16 de cartón e 17 de envases lixeiros) en Aldemunde, Artes, Berdillo e Sofán; 22 colectores (8 de cartón e 14 de envases) en Razo e Oza; 40 colectores (20 de cartón e 20 de envases) nas parroquias de Cances, Carballo, Goiáns e Sísamo; 46 colectores (23 de cartón e 23 de envases) en Bértoa, Vilela, Noicela, Rebordelos e Lema; e por último 24 colectores (12 de cartón e 12 de envases) estarán nas parroquias de Ardaña, Rus e Entrecruces. Esta iniciativa está enmarcada dentro do programa Carballo Limpo, unha iniciativa que comprende diversas accións destinadas a conservar o medio ambiente grazas á colaboración da veciñanza do concello. O servizo quere agradecer a colaboración dos cidadáns, que para obter máis información poden chamar ao 981 75 49 17, consultar a web www.carballolimpo.com ou acudir ao Twitter @CarballoLimpo.

Compartir: