Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Centro de Formación informa da...

ORDE PUBLICADA NO DOG DO VENRES 19 DE ABRIL

O Centro de Formación informa da convocatoria das probas de acceso á formación profesional para o emprego de nivel 2 e 3

Venres 19 de abril do 2013

Así, os interesados e interesadas teñen dispoñible este servizo no Forum Carballo (Rúa Praza dos bombeiros, s/n en Carballo -barrio da Milagrosa-) ou ben poden chamar aos números de teléfono 981 709 011/ 981 709 010 e preguntar por Milagros Antelo ou María Dolores Serrano. As persoas aspirantes deberán xuntar á súa solicitude de inscrición: unha fotocopia do documento nacional de identidade, ou número de identificación de estranxeiro ou do pasaporte. A presentación da fotocopia do DNI ou NIE non será precisa se a persoa solicitante dá o seu consentimento para que se consulten os datos relativos aos citados documentos; e, de ser o caso, xustificación de ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento; os aspirantes que soliciten algún tipo de adaptación (ampliación de tempo e medios para a realización da proba), en ambos os casos, non será necesario nin achegar o certificado do grao de discapacidade nin o informe da procedencia das adaptacións solicitadas, se foi recoñecido polo órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de ter recoñecida a discapacidade por outra comunidade autónoma, deberá achegar o certificado de grao de discapacidade e o informe da procedencia das adaptacións solicitadas pola dita comunidade, agás que solicitase o traslado do seu expediente a esta comunidade autónoma.

Os interesados e interesadas poden consultar a convocatoria das probas ao completo nun documento en pdf nesta mesma nova, así como descargar o anexo I e o calendario completo do proceso.

Compartir: