Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto dende o mércores 1 de maio o prazo...

PODEN FORMALIZARSE AS INSCRICIÓNS ATÉ O 10 DE XUÑO

Aberto dende o mércores 1 de maio o prazo para anotarse na III Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo

Luns 22 de abril do 2013

As inscricións son persoais e intransferibles, supoñendo a aceptación de todo o disposto no regulamento da proba e incluíndo o servizo de seguro ao que obrigan os preceptos legais. O prazo para anotarse transcorre entre o mércores 1 de maio e o luns 10 de xuño de 2013. Excepcionalmente, se non se chegase ó número máximo de 750 atletas na suma de categoría absoluta e veteranos, admítense inscricións até o xoves 13 de xuño ás 12.00 horas. As formas e lugares de inscrición, ademais de a través de www.championchipnorte.com, son as seguintes:

  • Na web www.carballo.org
  • Na web da Federación Galega de Atletismo na ligazón creada ao respecto: www.atletismogalego.com
  • Inscrición presencial nas oficinas Carballo Deporte sitas na rúa Corcubión s/n mediante solicitude con Rexistro de Entrada
Celébranse as seguintes probas para diferentes categorías nos seguintes horarios e distanzas, específicandose os anos de nacemento dos participantes:
  • Benxamín: 2004-2005 / 1.000 m. / 12:05 am / 10 minutos.
  • Alevín: 2002-2003 / 1.600 m. / 10:00 am / 15 minutos.
  • Infantil: 2000-2001 / 2.000 m / 10:20 am / 20 minutos.
  • Cadete: 1998-1999 / 3.000 m. / 10:45 am / 20 minutos.
  • Xuvenil: 1996-1997 / 5.000 m. / 11:10 am / 40 minutos.
  • Absoluta: 1994 ata veterán / 10.000 m. / 12:00 am / 90 minutos.
  • Veterano 1: De 35 a 40 anos cumpridos ata o día da proba / 12:00 am / 90 minutos.
  • Veterano 2: De 41 a 49 anos cumpridos ata o día da proba /12:00 am / 90 minutos.
  • Veterano 3: De 50 a 59 anos cumprlidos ata o día da proba / 12:00 am / 90 minutos.
  • Veterano 4: A partir de 60 de idade cumplidos ata o día da proba / 12:00 am / 90 minutos.

Compartir: