Inicio Carballo ao día Hemeroteca Primavera enDanza 2013 comeza a súa...

VENRES 3 DE MAIO ÁS 21.00 HORAS

Primavera enDanza 2013 comeza a súa programación con "Amediometrados", da compañía galega Entremáns

Xoves 2 de maio do 2013

Ademais da programación de sala, hai que lembrar que tamén o venres 3, o público pode asistir a dúas actividades complementarias, coas que o Concello quere achegar de novo aos espectadores o mundo da danza, unha manifestación artística cun alto potencial creativo. Así, ás 13.00 horas o Xardín Municipal acolle a presentación de "Amediometrados" por parte de varios integrantes da compañía Entremans. Así mesmo, pola noite, ao finalizar este espectáculo, está prevista a actividade Como se crea un espectáculo de danza?, no mesmo auditorio e a través dunha charla cos protagonistas da proposta. A venda de entradas realízase no despacho de Billetes do Pazo da Cultura, unha hora e media antes do inicio de cada actuación. A reserva de entradas pode facerse no teléfono 981 704 300 ou na Concellaría de Cultura-Pazo da Cultura de 10.00 a 14.00 horas.

Compartir: