Inicio Carballo ao día Hemeroteca Alumnado do Parga Pondal participa o...

O TEMA DA CITA É "O GALEGO É UNHA OPORTUNIDADE"

Alumnado do Parga Pondal participa o sábado 4 de maio en Santiago na final galega do Club de Debate

Venres 3 de maio do 2013

O equipo carballés está sendo preparado pola profesora Mar Rodríguez e polo profesor Xosé Castro. Entre as normas, hai que subliñar que os equipos deben ser mixtos e estar formados por un mínimo de catro rapaces/rapazas e un máximo de dez. Na imaxe pode verse un momento da fase eliminatoria local de Carballo, na que competiron dous grupos do IES Parga Pondal e o na que o tema que tiveron que defender os rapaces e rapazas foi: "Débese promover o consumo de produtos galegos". O Club de Debate é unha actividade organizada de maneira colaborativa desde os servizos de normalización lingüística (SNL) de 10 concellos: Ames, Carballo, Cee, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vigo. Os obxectivos da actividade son favorecer o emprego da lingua galega entre a mocidade, especialmente os usos orais en contextos formais e informais; potenciar a fluidez comunicativa ligada á oratoria; promover o pensamento crítico e analítico; e fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo en equipo. Este ano é a primeira vez que Carballo toma parte de forma activa nun Club que xa leva varios anos en marcha.

Compartir: