Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicados os contratos de coordinación...

APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DO PROGRAMA CONCILIA

Adxudicados os contratos de coordinación de seguridade e asistencia técnica para a Fase I do proxecto Anllóns-Bardoso

Luns 6 de maio do 2013

Esta cantidade establécese en función das horas de duración do servizo de vixilancia e almorzo. Hai que lembrar que, coa utilización do servizo todos os días, o prezo é de 51 euros ao mes, e de 67 euros ao mes con almorzo. Coa utilización do servizo por días soltos, por un día á semana o prezo é de 13,50 euros ao mes, e de 16,80 con almorzo; con dous días á semana de 26,30 ao mes, e de 33,60 con almorzo; por tres días á semana o prezo estipulado é de 40,50 ao mes e de 50,50 con almorzo; con catro días á semana de 45,40 ao mes e de 62,20 ao mes con almorzo; e por último, para usuarios e usuarias ocasionais, o servizo de gardaría é de 3,40 euros ao día e con almorzo de 4,30 euros ao día. En días non lectivos, de xuño a setembro, o prezo é de 19 euros ao día. No apartado de licenzas, concedeuse unha para legalizar unha nave industrial destinada a taller de reparación de automóbiles na especialidade de mecánica, electricidade e carrozaría no Polígono Industrial de Bértoa, Parcela B-5, nave A. No caso das licenzas de primeira ocupación aprobouse unha para as obras de reforma realizadas nun edificio destinado a albergue xuvenil e restaurante en Arnados-Razo e outra para o cambio de titularidade dun local destinado a taller de reparación de automóbiles na Avenida de Fisterra. Por último, houbo luz verde para unha licenza de obra para unha vivenda unifamiliar en Leira, Rebordelos.

Compartir: