Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello emprende a mellora da rodadura en...

ESTÁ PREVISTO QUE OS TRABALLOS DUREN 15 DÍAS

O Concello emprende a mellora da rodadura en varias vías do casco urbano e avisa de tráfico lento en rúas como Gran Vía ou Luís Calvo

Martes 7 de maio do 2013

Respecto da natureza das actuacións, está previsto que nos treitos que están moi danados se repare totalmente a estrutura da vía, o que supón levantar o aglomerado e poñer todas as capas de firme dende a base. Nas áreas que presentan fochas pero nas que a estrutura non está danada, levantarase tan só a capa ou capas afectadas e colocarase o aglomerado na parte superior. Está previsto que o xoves 9 os traballos comecen na zona das rúas Gran Vía (preto da glorieta coa Vázquez de Parga) e Vila de Ordes, para ir continuando os arranxos cara a Avenida de Bergantiños e a Vila de Negreira. En todo caso, está previsto que os traballos estean perfectamente sinalizados, así como delimitados os carrís que estarán cortados ao tráfico rodado e o Concello espera que as molestias ocasionadas sexan as mínimas posibles. Hai que lembrar que, a estes labores puntuais de conservación, mellora e rebacheo de vías e rúas do municipio, hai que engadir os labores que o Concello de Carballo -a través da Concellaría de Obras e Servizos- realiza de forma cotiá para a conservación e mantemento dos espazos públicos, así como para o mantemento de vías e beirrarúas co seu desbroce, tanto no casco urbano como nas parroquias.

Os interesados e interesadas poden consultar un plano de situación das vías onde se realizarán as melloras nun plano en pdf nesta mesma nova.

Compartir: