Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un total de 19 establecementos participan en...

OS DÍAS 10, 11, 12 E 17, 18 E 19 DE MAIO

Un total de 19 establecementos participan en "Carballo por etapas" para promocionar a hostalería e a gastronomía local

Mércores 8 de maio do 2013

Ademais, con cada tapa, os veciños e veciñas rediben un boleto para participar no sorteo dunha estadía para dúas persoas no Hotel Rural Spa-Talaso Mar de Queo ou un vale de 50 euros para consumir nos establecementos que participan en Carballo por Etapas. No primeiro caso a estadía no Hotel Rural e en réxime de pensión completa con sesión privada de talasoterapia e deberá ser consumido entre o día do sorteo e o 14 de xullo de 2013. O segundo premio poderase consumir no prazo de dous meses a contar dende a data do sorteo, que se realizará de forma pública nos locais de Axober na rúa Fomento o martes 21 de maio ás 18.00 horas. Ao agraciado ou agraciada chamaráselle ata tres veces en intervalos de dous minutos. No caso de non responder, procederase a un novo sorteo ata conseguir outorgar o premio. A lista de bares, tascas, mesóns e locais hostaleiros en xeral que participan na iniciativa son: A Barra Bar, A Cervecería de Luís, Bodegón O Pescador, Café Bar Manaus, Cafetería Cervecería El Patio, Cervecería Beos Bar de Copas, La de Bur Restaurante Vinoteca, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Restaurante A Píntega, Restaurante Brasería Caracola, Restaurante el Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante O Xabarín, Restaurante Oasis, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna o Mexillón, Trattoria Pizzería El Vesubio e Vinoteca Ánfora.

Os interesados e interesadas poden descargar o tríptico informativo da iniciativa en pdf nesta mesma nova.

Compartir: