Inicio Carballo ao día Hemeroteca Primavera enDanza remata cunha proposta de Thomas...

SÁBADO 11 E DOMINGO 12 DE MAIO

Primavera enDanza remata cunha proposta de Thomas Noone Dance e unha cita En Familia para os máis cativos e cativas

Xoves 9 de maio do 2013

E a programación de Primavera enDanza finaliza co ciclo En Familia co espectáculo "Baleadas" da compañía galega Traspediante, unha proposta moi interesante destinada a público infantil. "Baleadas" é un espectáculo cheo de maxia e imaxinación. Un xogo con baleas, coas cores e co público no que a danza, a música e as artes plásticas interactúan coa tecnoloxía do 3D. Traspediante experimenta coa novas técnicas, creando sorpresas, educando a través de distintas disciplinas artísticas, sempre dende un punto de vista didáctico pero sen esquecer a diversión. Este espectáculo comeza ás 18.00 horas o domingo 12 de maio no Pazo da Cultura e conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia. O prezo da entrada é de 3 € (2 € con desconto) e a duración prevista do espectáculo é de 50 minutos. Ademais, durante a fin de semana realizaranse varias actividades complementarias: a presentación de "Lugares extrañamente desastrosos" da compañía Thomas Noone Dance o sábado 11 ás 13.00 horas no Xardín municipal; e a cita "Como se crea un espectáculo de danza?", un encontro coa compañía Thomas Noone Dance ao finalizar o espectáculo no mesmo auditorio.

Compartir: