Inicio Carballo ao día Hemeroteca O grupo de música pop El sueño de...

DÍA 24 DE XUÑO NA PRAZA DO CONCELLO

O grupo de música pop El sueño de Morfeo serán os encargados de ofrecer o concerto do día grande das Festas de San Xoán

Luns 13 de maio do 2013

Por outra banda, hai que lembrar que Imprenta Europa é a empresa encargada da xestión e contratación dos anuncios da Revista das festas de San Xoán deste ano. A Comisión de Festas leva publicando de forma continuada dende hai máis de 20 anos esta revista que inclúe o programa das festas, artigos de opinión e colaboracións de numerosos profesionais ou afeccionados á escritura da comarca, tanto sobre temas de interese xeral para Carballo, como de carácter literario. O interese do contido, así como o coidado da edición da revista, fai que esta sexa coleccionada por moitos carballeses e carballesas. Ademais de distribuirse entre os anunciantes pódese mercar por un prezo simbólico nos días previos ás festas. A publicidade que se inclúe na revista é unha importante fonte de financiamento para as festas de San Xoán, por todo isto a Asociación Cultural San Xoán, organizadora das festas, solicita a colaboración das empresas anunciadoras e agradece de antemán a súa boa disposición e implicación nun dos eventos máis importantes de Carballo e unha das festas máis relevantes da comarca. As empresas que estean interesadas en colaborar coas Festas de San Xoán e anunciarse na revista, poden poñerse en contacto con Imprenta Europa.

Compartir: