Inicio Carballo ao día Hemeroteca O monologuista Carlos Blanco ameniza a entrega do...

A CAMPAÑA "GÚSTAME O GALEGO": NO PAZO A PARTIR DAS 18.00 HORAS

O monologuista Carlos Blanco ameniza a entrega do IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

Martes 14 de maio do 2013

Mariña Pérez Rei é a autora do artigo "O sotaque de Aurelia", un texto que se publicará o domingo 19 de maio nos medios diarios colaboradores co certame, e despois dese día nos medios que non son diarios. Eses medios colaboradores con este certame e que publicarán o artigo son De Luns a Venres, Diario de Bergantiños, Dioivo, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, O Compás da Costa, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos. Mariña Pérez Rei (Ames, 1966) é escritora e profesora. Como escritora ten publicados poemarios como "Fanerógama" (2006), "Apuntamentos para un cuarto confuso e cambiante" (2009) ou "Paquidermo" (2010). En narrativa é autora de obras como "Canícula" (2007), "Costa necrópole" (2010) ou "Contrapicados" (2012). Gañou premios como o Eusebio Lorenzo Baleirón, o Lureiro Rei ou o Avilés de Taramancos. Como profesora exerce no instituto de Brión. O xurado do IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo estivo composto por Belén Puñal, xornalista carballesa e colaboradora de diversos medios; Carlos M. Callón Torres, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e gañador da edición de 2012; Xurxo Chapela, xornalista carballés; e Nel Vidal, técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo, como secretario, sen voto.

Compartir: