Inicio Carballo ao día Hemeroteca O festival Rockin´ abre as Festas de San...

VENRES 21 DE XUÑO ÁS 22.00 HORAS NO REGO DA BALSA

O festival Rockin´ abre as Festas de San Xoán ofrecendo un cartel no que prima a "calidade musical"

Mércores 15 de maio do 2013

Segundo o Concelleiro de Mocidade, Daniel Pérez, todos os grupos do cartel teñen en común "a súa aposta polo rock´n´roll e a solvencia do seu directo". No caso de Sex Museum, levan 20 anos de xira e de concertos, caracterizándose por ser unha banda que cría na independencia do rock cando aínda non existía a etiqueta "indie" e que agora volve ás súas orixes. Os Layabouts apostan polo "rock en estado puro", e despois de tres discos publicados (o primeiro deles en 2005) acadan unha nova dimensión sonora e de madurez no seu último traballo "Savage Behaviour" (2011). Dende Barcelona, Stay -banda creada en 2001- dan un salto de calidade tremendo no seu último traballo "The Fourth Dimension", o que os leva a estar xirando en festivais por toda España dende 2012. Por último, os vigueses Moon Cresta son un grupo que leva dez anos de traxectoria no rock´n´roll e que conta don dous álbumes editados, o último eles "Sparkling Radiostar and the Lunatic Orchestra", e que se caracteriza polo entendemento dos seus compoñentes enriba do escenario. Segundo Pérez, o obxectivo deste cartel moi traballado é o de "darlle ao público un aliciente con grupos que ofrecen un espectáculo bestial".

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que estivo na presentación do festival xunto coa Concelleira de Festas, Belén Lendoiro, e a presidenta da Comisión de Festas de San Xoán, María José Souto, manifestou a súa "satisfacción" por ver como se "van consolidando" en Carballo alternativas musicais como o Rockin´, o Sereas e Piratas e o XiriaPop e quixo agradecer á Comisión de Festas o seu traballo. Do mesmo xeito, Deus quixo subliñar a importancia de que o Concello carballés siga apostando "en tempos de crise" por este tipo de apostas culturais e musicais. Por último, Ferrero quixo animar a todos os carballeses e carballesas a que "desfruten da música, dos decibelios e de estar cos amigos" durante o Rockin´, que marca o punto de partida do San Xoán.

Compartir: