Inicio Carballo ao día Hemeroteca O programa Venres Culturais remata coas...

DÍAS 18, 19 E 25 DE MAIO NO PAZO DA CULTURA

O programa Venres Culturais remata coas actuacións teatrais de Coro Vagalume e a música de Aires de Bergantiños

Xoves 16 de maio do 2013

"Engominados" é unha comedia adolescente chea de momentazos románticos con algún número musical que sorprenderá ao público asistente. A duración prevista da función é de 50 minutos e a entrada tamén precisa convite. A programación teatral que a AC Coro Vagalume ofrece no marco dos Venres Culturais complétase o domingo 19 coa sección infantil de teatro da entidade. Os máis peque "teatreiros", dirixidos por Javier Varela e Mónica Liñares, presentan un novo espectáculo: "O Club Antimachotes". Nel, un exclusivo grupo de raparigas rexeitan e se enfrontan cos rapaces "machos", xa que os consideran odiosos e trampulleiros. O enredo comeza cando unha das integrantes do grupo namora dun raparigo un tanto especial, algo que o club "antimachotes" ten prohibido. A cita é a partir das 18.00 horas, a duración prevista do espectáculo é de 40 minutos e a entrada precisa de convite.

A música tamén está presente no peche dos Venres Culturais, neste caso co XXVIII Aniversario do Coro Aires de Bergantiños. Esta agrupación musical de Carballo fai partícipe aos veciños e veciñas da celebración da súa fundación co xa acostumado concerto de aniversario, no que ofrecen unha nova compilación de cancións tradicionais de Galicia, acompañadas da música da pandeireta, gaita, tamboril e bombo. O Coro Aires de Bergantiños foi creado en 1985 por Carlos O Xestal. Na actualidade intégrano unha trintena de compoñentes e está dirixido por Xulio Cabanelas. Nesta ocasión acompaña ao coro a agrupación Canta Compaña, da Coruña, unha agrupación coral de recente creación. A cita é o sábado 25 de maio ás 21.00 horas no Pazo da Cultura. A duración prevista do espectáculo é de 60 minutos e a entrada é libre.

Compartir: