Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicado o contrato para o subministro dun...

APROBACIÓN DO CONVENIO MUSICAL 2013

Adxudicado o contrato para o subministro dun punto de información para o apoio ao turismo de congresos no Fórum Carballo

Luns 20 de maio do 2013

Tamén fóra da orde do día, a sesión supuxo a adxudicación do Convenio Musical 2013, un convenio marco de actuacións musicais a favor de grupos de música e danza tradicional, masas corais, orquestras, conxuntos e bandas de música. A esta convocatoria presentáronse un total de 35 agrupacións musicais, que se distribúen da seguinte forma nas diferentes modalidades previstas no convenio: 6 grupos de música e danza tradicional, 6 grupos de gaitas, 5 grupos de cantareiras, 4 masas corais de entre 10 e 29 compoñentes, 5 masas corais de máis de 30 compoñentes e 8 orquestras, conxuntos e bandas. O gasto ascende a 21.850 euros e o importe das subvencións farase efectivo ás agrupacións musicais cando asinen co Concello o convenio e se cumpran os requisitos recollidos no mesmo. Por último, e xa dentro da orde do día, no apartado de convenios saíron adiante dous con outras tantas entidades deportivas: un de colaboración coas Escolas Luís Calvo Sanz e outro coa Escola Lubiáns de Hóckey a patíns.

Compartir: