Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo participa, xunto con outros nove...

A CITA NO MUNICIPIO É O 16 DE XUÑO

Carballo participa, xunto con outros nove concellos, no primeiro circuíto provincial de carreiras populares da Deputación

Mércores 22 de maio do 2013

Isidoro Hornillos, presidente da Federación de Atletismo, agradeceu a colaboración da Deputación na organización destas carreiras e o apoio que a institución demostrou nos últimos anos ao deporte de base. Hornillos quixo gabar o deporte pedestre, do que salienta as súas funcións "saudables, recreativas, sociais, educativas e competitivas" e o seu amplo abanico de posibilidades: "Pódese realizar so ou en compañía, a calquera idade e sen precisar ningunha instalación". O presidente da Federación fixo unha presentación do funcionamento do circuíto, no que poderán participar desde os nacidos en 2004 ata maiores de 60 anos, xa que haberá diferentes categorías adaptadas a cada idade. Os participantes no circuíto deberán, polo menos, correr en cinco das probas incluídas no programa provincial. Todos os corredores que rematen a carreira recibirán un punto e os primeiros 50 clasificados recibirán unha puntuación extra na que o primeiro terá 50 puntos, o segundo 49 e así, sucesivamente, ata que o que chega no 50ª lugar sume un punto.

As probas incluídas neste primeiro circuíto son:

  • III Carreira Popular do Concello de Carballo (16 de xuño)
  • CorreSan Nocturna de Santiago (13 de xullo)
  • XII Mila Urbana de Ares (3 de agosto)
  • XIV Maratón Popular Concello de Cambre (14 de agosto)
  • Maratón de San Xoán de Piñeiro de Mugardos (7 de setembro)
  • A Carreira Nocturna Concello de Ferrol (14 de setembro)
  • XVI Carreira Popular Santa Uxía de Ribeira (29 de setembro)
  • VII ACoruña10 (6 de outubro)
  • Carreira Pedestre do Concello de Ames
  • XXXIV Carreira Popular de Negreira

Compartir: