Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle o IX Curso de Verán sobre...

A CITA É OS DÍAS 17, 18 E 19 DE XULLO

Carballo acolle o IX Curso de Verán sobre Normalización que ten como obxectivo procurar apoios para dinamizar a lingua

Xoves 23 de maio do 2013

Durante o curso coñeceranse experiencias de implicación galegas desde administracións, como o proxecto Sonda Norte, de Ribadeo, a través de Xavier Campos, ou a Rede de Entidades Amigas da Lingua, de Pontevedra, a través de Conchi Cochón; e a viceversa, con experiencias de implicación desde a base, coa intervención do dinamizador e contador Celso F. Sanmartín, do crego Rubén Aramburu ou de Paco Veiga, da Galega do Xogo Popular e Tradicional. No segundo día, o técnico da cooperativa vasca Emun, Txerra Rodríguez, falará sobre a participación e a implicación no traballo dinamizador en Euskal Herria. A continuación, o coach madrileño e facilitador Lego Serious Play, Carlos Martínez, explicará as potencialidades do "xogo serio" para a implicación en proxectos. Da man do dinamizador burelao Bernardo Penabade, as persoas participantes coñecerán métodos, estratexias e experiencias de implicación en dinamización lingüística, e, para pechar o día, Queca Carballo presentará o Viveiro de propostas normalizadoras da CTNL, a partir do que as participantes traballarán en diversas propostas. E xa o último día, o venres 19 de xullo, a presidenta de Implicad@s no Desenvolvemento e educadora social, Ania Piñeiro, explicará métodos e experiencias para a comunicación implicativa. Da conferencia de clausura encargarase a consultora catalá en xestión pública e participación cidadá Marta Martorell, que falará de democracia implicativa para os procesos de cambio social.

Máis información en:
- Web da CTNL
- Web do SNL da UdC

Compartir: