Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os participantes nos módulos do Plan de...

HABERÁ UN SEGUNDO BLOQUE DE CURSOS DESPOIS DO VERÁN

Os participantes nos módulos do Plan de Formación Integral para emprendedores recolleron os seus diplomas no Fórum

Luns 27 de maio do 2013

Esta primeira fase do Plan de Formación integral para emprendedores dirixido a persoas en situación de desemprego que contasen cunha idea específica de negocio empresarial ou comercial para poñer en marcha supuxo un total de 140 horas de formación gratuíta no Fórum Carballo. O Módulo 1 contou con 20 horas de duración e abordou a Motivación e iniciativa para o proxecto a través do Coaching para o desafío profesional e desenvolveuse entre o 13 e o 28 de febreiro; o Módulo 2, tamén de 20 horas, titulouse Reflexión estratéxica e plan de viabilidade e tivo lugar entre o 4 e o 19 de marzo; o Módulo 3 contou con 40 horas e abordou os Coñecementos básicos en Administración de Finanzas a través da Xestión económico-financeira (20 horas), a Negociación coa banca (10 horas) e a Xestión laboral (10 horas), desenvolvéndose entre o 1 de abril e o 13 de maio; por último, o Módulo 4 de Requisitos legais para a apertura dun establecemento, tivo 60 horas de duración e está aínda desenvolvéndose entre o 14 e o 30 de maio, centrándose nun Curso básico de Prevención de Riscos Laborais no sector. Estes diplomas aínda non foron repartidos á espera do remate da iniciativa e da avaliación do aproveitamento dos participantes.

Compartir: