Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os monólogos de Rober Bodegas, Fede...

DÍAS 14 E 15 DE XUÑO NA PRAZA DO CONCELLO E PAZO DA CULTURA

Os monólogos de Rober Bodegas, Fede Pérez e Pepo Suevos: propostas teatrais para o programa do San Xoán 2013

Luns 27 de maio do 2013

Hai que lembrar que o programa das festas de San Xoán 2013 xa ten desvelado cal é a actuación do día grande: El sueño de Morfeo o luns 24 de xuño, ás once da noite na Praza do Concello. El sueño de Morfeo é un grupo de música pop-rock con influencias folk formado en Asturias en 2002. Está integrado por Raquel del Rosario (voz), Juan Luis Suárez (guitarra) e David Feito (guitarra). Publicaron o seu primeiro disco, que levaba o nome actual do grupo, en 2005. O seu último traballo é "Buscamos sonrisas", e inclúe cancións tan coñecidas como "Depende de ti" ou "Lo mejor está por llegar". El Sueño de Morfeo representou a España no festival de Eurovisión en Malmö, Suecia, baixo o nome de ESDM, interpretando a canción "Contigo hasta el final". Esta programación musical compleméntase co festival Rockin, o venres 21 de xuño a partir das 22.00 horas nunha carpa situada no parque de Rego da Balsa, detrás da antiga estación de autobuses. Os grupos que enchen o cartel son os madrileños Sex Museum e Layabouts, os barceloneses Stay e os vigueses Moon Cresta. Así mesmo, a DJ Sandrita Dinamita será a encargada de pinchar para animar o festival.

Compartir: