Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Carreira Popular 10 Km cumpre tres anos...

DOMINGO 16 DE XUÑO A PARTIR DAS 10.00 HORAS

A Carreira Popular 10 Km cumpre tres anos incorporando aos benxamíns e aspirando a contar con mil participantes

Martes 28 de maio do 2013

O presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos manifestou que "é un orgullo comprobar que concellos tan importantes como Carballo teñen unha oferta deportiva tan fecunda", ademais de tratarse dunha proba "que une a cativos e maiores nun circuíto a gusto de corredores e espectadores". O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo agradecer a presenza da Federación na presentación da carreira, así como "o esforzo das entidades colaboradoras e da organización, con todo o que implica a celebración dunha proba de 10 km". Salientou que é "unha honra" abrir o circuíto da Deputación, o que "pode contribuír a xerar expectativas e a fidelizar este deporte tan popular", para o que, ademais, "fai falla moi pouquiño investimento para praticalo". Por último, desexou que Carballo sexa unha vez máis "un punto de encontro para as persoas que queiran facer deporte e participar da vida sá". Respecto da inscrición, Moncho Ríos tamén quere destacar que se buscaron sistemas que permitan e faciliten as anotacións por todos os medios posibles, dende Internet, ata telefonicamente (no 981 702 109) ou presencialmente nas oficinas Carballo Deporte (Rúa Vila de Corcubión) de Carballo.

Así, as inscricións son gratuítas e o prazo para anotarse transcorre entre o mércores 1 de maio e o luns 10 de xuño de 2013. Excepcionalmente, se non se chegase ó número máximo de 750 atletas na suma de categoría absoluta e veteranos, admítense inscricións até o xoves 13 de xuño ás 12.00 horas. As formas e lugares de inscrición, ademais de a través de Internet na web www.championchipnorte.com, son as seguintes:

  • Na web www.carballo.org
  • Na web da Federación Galega de Atletismo na ligazón creada ao respecto: www.atletismogalego.com
  • Inscrición presencial nas oficinas Carballo Deporte sitas na rúa Corcubión s/n mediante solicitude con Rexistro de Entrada

Celébranse as seguintes probas para diferentes categorías nos seguintes horarios e distanzas, especificándose os anos de nacemento dos participantes:
  • Benxamín: 2004-2005 / 1.000 m. / 12:05 am / 10 minutos.
  • Alevín: 2002-2003 / 1.600 m. / 10:00 am / 15 minutos.
  • Infantil: 2000-2001 / 2.000 m / 10:20 am / 20 minutos.
  • Cadete: 1998-1999 / 3.000 m. / 10:45 am / 20 minutos.
  • Xuvenil: 1996-1997 / 5.000 m. / 11:10 am / 40 minutos.
  • Absoluta: 1994 ata veterano / 10.000 m. / 12:00 am / 90 minutos.
  • Veterano 1: De 35 a 40 anos cumpridos ata o día da proba / 12:00 am / 90 minutos.
  • Veterano 2: De 41 a 49 anos cumpridos ata o día da proba /12:00 am / 90 minutos.
  • Veterano 3: De 50 a 59 anos cumpridos ata o día da proba / 12:00 am / 90 minutos.
  • Veterano 4: A partir de 60 de idade cumpridos ata o día da proba / 12:00 am / 90 minutos.

Os interesados e interesadas poden descargar o tríptico informativo da proba nesta mesma nova.

Compartir: