Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobada por unanimidade do pleno a...

LUZ VERDE PARA A ORDENANZA DE CONTROL ANIMAL

Aprobada por unanimidade do pleno a creación de 41 novas prazas de Zona Azul en tres rúas do centro carballés

Martes 28 de maio do 2013

A Zona Azul tense implantado pouco a pouco no centro carballés dende o ano 2002, en que se acondicionaron as primeiras prazas na contorna da Praza do Concello para irse estendendo de xeito concéntrico a outras zonas da capital municipal. A ultima incorporación de prazas á Zona Azul aprobouse hai un ano, no pleno de maio de 2012, cando se sumaron á regulación as rúas Álvarez de Sotomaior, Gravador Manuel Facal, Luís Calvo e toda a rúa Barcelona con 64 novas prazas. O outro asunto incluído na orde do día do pleno foi á aprobación -tamén por unanimidade- da imposición e ordenación da Ordenanza fiscal número 28 reguladora das taxas por actividades e servizos de control animal. Este asunto quedara sobre da mesa na sesión plenaria de abril á espera dun maior estudo de certos aspectos técnicos por parte dos voceiros municipais. Finalmente, e despois dalgúns cambios que supoñen a harmonización da normativa co resto de ordenanzas do Concello, o texto recibiu o apoio unánime dos representantes de todos os grupos políticos municipais. Por esta normativa, regularanse os servizos da Canceira municipal, como por exemplo o pago pola estadía de animais nas instalacións, por sacrificio humanitario, ou pola adopción, que custaría 50 euros e incluiría a vacinación e desparasitación, os trámites administrativos, a colocación dun microchip e o rexistro do animal.

Compartir: