Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un total de 26 nenos e nenas de 6º de...

PERCORRERON A CASA CONSISTORIAL E FALARON CO ALCALDE

Un total de 26 nenos e nenas de 6º de Primaria do CEIP A Cristina coñecen de primeira man as dependencias da Casa do Concello

Mércores 29 de maio do 2013

Aprenderon, así mesmo, a orixe do nome dalgunhas rúas, como a dedicada ao notario Vázquez de Parga ou ao responsable de ceder os cartos para o edificio da actual Ludoteca Municipal, Desiderio Varela. Ademais de pola denominación, amosaron interese polo urbanismo, por exemplo polos custos de abrir novas rúas, que pode chegar a preto de 600 euros o metro cadrado; ou polos labores de Milagros Lantes, quen lles explicou o proceso de toma de decisións do pleno dunha corporación municipal. Tiveron tamén preguntas relacionadas co comportamento cívico, relativas á conservación do mobiliario urbano, que lle custa ao Concello arredor de 40.000 euros ao ano; ou ás sancións por non recoller os excrementos que os cans deixan nas beirarrúas, que pode ser de 90 euros, unha cantidade que lles pareceu moi baixa. Puideron saber que o Alcalde leva dez anos no cargo ou que cando Ferrero chegou a ser rexedor en 2003 había arredor de 28.500 habitantes fronte aos 31.500 que hai agora en todo o municipio. E por último, tampouco deixaron de lado as preguntas máis persoais, como saber se ao Alcalde lle gusta o seu traballo ou se exercer ese posto "é moi importante". Despois de preto dunha hora de conversa, na que moitos incluso tomaron apuntamentos nos seus cadernos, percorreron a maioría das dependencias municipais.

Compartir: