Inicio Carballo ao día Hemeroteca Medio centenar de pilotos compiten no XII...

DOMINGO 2 DE XUÑO A PARTIR DAS 10.00 HORAS

Medio centenar de pilotos compiten no XII Motocross Concello de Carballo, proba puntuable para o Campionato Galego

Mércores 29 de maio do 2013

Respecto dos horarios, está previsto que ás 10.00 horas comecen as verificacións administrativas e técnicas e o briefing, mentres que o inicio dos adestramentos libres está previsto para as 12.15 horas. Os adestramentos cronometrados están programados para as 13.20 horas, mentres que pola tarde, a partir das 16.00 horas, comezan a disputarse as mangas, coa entrega de premios prevista para as 18.45 horas. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo mencionar o motivo do Memorial da proba, lembrando as épocas en que o motocross estaba ligado a "pilotos míticos que viñan á zona do San Cristovo da man de Manuel Rega Morales". Desexou que un ano máis os espectadores gocen dun "gran espectáculo" e que a aposta do Concello polo Circuíto de Motor de Bértoa "continúe sendo tan exitosa" como en anos anteriores. Por último, desexou que asistan espectadores de toda a Costa da Morte e de toda Galicia e que os pilotos locais continúen no futuro o camiño aberto por Juan Fernández Puga no mundo do motocross en Carballo. Para rematar, hai que mencionar a todos os colaboradores ou patrocinadores da cita, que, ademais dos xa mencionados, son Alquileres Reneymar, Castro Queijo, Marmolería José Rey, Horbesa, Big Mat, Carnicería Costa, Panadería Añón, Beos e Grupo Oro Caixa. A nivel institucional, ademais do Concello de Carballo, colaboran a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, a Federación Galega de Motocross e Protección Civil de Carballo.

Compartir: