Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Praza do Concello convértese un ano...

SÁBADO 8 DE XUÑO DE 17.00 A 19.30 HORAS

A Praza do Concello convértese un ano máis nun espazo de lecer, deporte e diversión na 22 edición de Xogar na Rúa

Xoves 30 de maio do 2013

Francisco García Bello, xerente do Padroado Deportivo Municipal, subliñou que despois de 22 anos mantense o espírito de Xogar na Rúa, e manifestou a vontade de Carballo Deporte de tentar continuar ao servizo das actividades deportivas máis aló do curso escolar. O obxectivo sería crear no futuro unha guía ou programa que recollese todas as actividades deportivas que se celebran durante os meses de maio, xuño e xullo, xa que, en verbas do Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, son "un mínimo de dúas ou tres cada fin de semana". Trigo tamén desexou que o tempo acompañe o 8 de xuño, xa que se as condicións meteorolóxicas son favorables "o éxito de Xogar na Rúa está asegurado", nunha Praza que adoita acumular nesa tarde a máis dun milleiro de nenos e nenas, familiares, monitores e veciños e veciñas. Por último, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo "convidar aos escolares a que participen un ano máis". Hai que lembrar que colaboran con Xogar na Rúa Conservas Calvo, Begano, Gasoleos Leus, Proquiber, La Caixa, Serigrafía Papucho, Protección Civil, Policía Municipal, a Brigada de Obras, o Club Ciclista Carballo, a Peña Mediaducia, Escola Lubiáns, Asociación Deportiva Xiria, o Colexio Artai e a Fundación Deporte Galego.

Compartir: