Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Independiente de Carballo festexa na Casa do...

FORON FELICITADOS POLO ALCALDE E ASINARON NO LIBRO DE HONRA

O Independiente de Carballo festexa na Casa do Concello coa recepción do trofeo a vitoria en 3ª Autonómica

Venres 31 de maio do 2013

Despois de recibir o trofeo, o capitán asinou no Libro de Honra do Concello, para despois facelo todos os xogadores do equipo. Ademais, o Alcalde recibiu un balón asinado e entregoulle ao club uns agasallos de parte do Concello. Os xogadores celebraron a vitoria entre bromas e facéndose fotos coa copa. Hai que mencionar que ao Independiente CF non lle foi doado o campionato pois tivo moita presión tanto do Porteño CF coma do SD Camelle que loitaron ata o derradeiro suspiro. A plantilla está composta por Noé, (porteiro), Jonathan (defensa), Toni lb (defensa), Brais (defensa), Juni (dianteiro pichichi do equipo, 24 goles), Benítez (dianteiro), Michel (medio), Carlos (medio), Velo (dianteiro), Mario (dianteiro), Cholo (medio), Seo (defensa), Belar (defensa), Jorge Pichel (medio), Dani Rosalia (defensa e capitán), Moreno (medio), Efrén (defensa), Adrián (dianteiro), Fran Rives (dianteiro), Scott (medio), Ivi (medio), Castro (defensa), Iván (porteiro), Suso Noya (defensa que tivo que colgar as botas mediada a tempada). O corpo técnico e a directiva está formada polo adestrador, José María Da Silva; o delegado, Rafa Villaverde; o presidente, Paco Cantelar; o tesoureiro, Brian Lista; e Miguel Rojo como vogal.

Compartir: