Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto o prazo para anotarse no programa de...

DO 1 DE XULLO AO 30 DE AGOSTO NO CEIP A CRISTINA

Aberto o prazo para anotarse no programa de actividades de verán do Concilia, dispoñible por cuarto ano consecutivo

Mércores 5 de xuño do 2013

Os interesados e interesadas en formalizar a inscrición na actividade poden facelo nas oficinas do departamento de Servizos Sociais situadas na planta baixa da Casa do Concello no horario habitual do servizo até o venres 21 de xuño. Os nenos e nenas do Programa Concilia dispoñerán do servizo de madrugadores dende as 7.30 ata as 10.00 horas (con almorzo ás 8.30 horas), no Centro Xolda. Logo serán trasladados en autobús ata as instalacións nas que se realizan as actividades no CEIP A Cristina. Os interesados e interesadas poden obter máis información chamando ao departamento de Servizos Sociais no 981 704 706. Tamén é posible descargar a información e a folla de inscrición nesta mesma nova nun documento en pdf. Coa folla de incrición os interesados e interesadas deben achegar unha fotocopia do DNI e da Tarxeta Sanitaria da Seguridade Social, ademais de indicar se o neno ou nena padece algunha deficiencia (física, psíquica, sensorial, problemas psicolóxicos, etc.) ou algunha alerxia alimenticia.

Compartir: