Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta Local de Seguridade prepara a tempada de...

CONSTATOUSE UNHA TENDENCIA POSITIVA NOS ÍNDICES RESPECTO DE 2012

A Xunta Local de Seguridade prepara a tempada de verán coordinando dispositivos conxuntos para praias e citas de lecer

Xoves 6 de xuño do 2013

Hai que subliñar que durante a xuntanza tanto Jorge Atán como Evencio Ferrero aproveitaron para agradecer os servizos prestados polo Xefe da Policía Local, Constantino Vázquez, ao ser a de hoxe a súa última presenza nunha Xunta Local de Seguridade, xa que está previsto que se retire no mes de agosto. Ao remate da reunión, o Alcalde de Carballo e o Subdelegado do Goberno mantiveron unha breve xuntanza na Alcaldía con representantes de Plataforma de afectados polas participacións preferentes e obrigas subordinadas, para escoitar as súas demandas. Os afectados, que estiveron manifestándose toda a mañá diante da Casa do Concello, referíronse principalmente á súa problemática coa arbitraxe e a contía das quitas. Evencio Ferrero expresou a súa vontade de que se atopen solucións o antes posible, xa que "este é un auténtico problema para as familias", mentres que Jorge Atán quixo coñecer de primeira man a situación da plataforma carballesa. Por último hai que mencionar que as reunións ordinarias da Xunta Local de Seguridade continúan e reforzan o labor realizado nas Comisións Especiais de Seguridade que se celebran de cotío no Concello carballés e que serven para analizar as principais incidencias que se producen no municipio ao longo do ano.

Compartir: