Inicio Carballo ao día Hemeroteca Rexistrados preto de 800 inscritos na III...

ABERTO O PRAZO DE ANOTACIÓNS ATÉ O LUNS 10 DE XUÑO

Rexistrados preto de 800 inscritos na III Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo que se celebra o 16 de xuño

Xoves 6 de xuño do 2013

Tamén colaboran na organización da proba a Asociación Deportiva Media Ducia de Carballo, o Colexio Oficial de Fisioterapias de Galicia e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo. Na III Carreira Popular "10 Km Concello de Carballo", pode participar toda persoa nada nas datas correspondentes por categoría, estea ou non federada, ate un máximo de 1.000 inscritos, con excepción de atletas federados estranxeiros, agás os portugueses que non fosen internacionais co seu país e de todas as participacións que fosen contrarias ás disposicións da FGA. As inscricións son persoais e intransferibles, supoñendo a aceptación de todo o disposto no regulamento da proba e incluíndo o servizo de seguro ao que obrigan os preceptos legais.

Celébranse as seguintes probas para diferentes categorías nos seguintes horarios e distanzas, especificándose os anos de nacemento dos participantes:

  • Benxamín: 2004-2005 / 1.000 m. / 12:05 am / 10 minutos.
  • Alevín: 2002-2003 / 1.600 m. / 10:00 am / 15 minutos.
  • Infantil: 2000-2001 / 2.000 m / 10:20 am / 20 minutos.
  • Cadete: 1998-1999 / 3.000 m. / 10:45 am / 20 minutos.
  • Xuvenil: 1996-1997 / 5.000 m. / 11:10 am / 40 minutos.
  • Absoluta: 1994 ata veterano / 10.000 m. / 12:00 am / 90 minutos.
  • Veterano 1: De 35 a 40 anos cumpridos ata o día da proba / 12:00 am / 90 minutos.
  • Veterano 2: De 41 a 49 anos cumpridos ata o día da proba /12:00 am / 90 minutos.
  • Veterano 3: De 50 a 59 anos cumpridos ata o día da proba / 12:00 am / 90 minutos.
  • Veterano 4: A partir de 60 de idade cumpridos ata o día da proba / 12:00 am / 90 minutos.

Os interesados e interesadas poden descargar o tríptico informativo da proba nesta mesma nova.

Compartir: