Inicio Carballo ao día Hemeroteca O CEIP Nétoma-Razo gaña o concurso...

RECOLLÉRONSE MÁIS DE 3.000 LITROS EN SETE COLEXIOS

O CEIP Nétoma-Razo gaña o concurso escolar de reciclaxe de aceite usado "Carballo tamén en botella"

Venres 7 de xuño do 2013

Reave quixo agradecer a colaboración do profesorado no desenvolvemento da iniciativa, e manifestaron a súa satisfacción pola elevada participación, xa que "cada un dos litros que se retira dos sumidoiros é unha vitoria". O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que estivo na entrega de premios xunto co Concelleiro de Obras e Servizos, Luís Lamas, sinalou que a reciclaxe de aceite debe converterse "nun compromiso medioambiental para a sociedade" e desexou que en anos sucesivos "se recolla aínda máis aceite" para lograr que "saia dos sumidoiros das cociñas" e, por tanto, deixe de contaminar os ríos. Luís Lamas expresou a importancia do labor colectivo para conseguir bos resultados, xa que "entre todos podemos contribuír a mellorar as cousas". Lembrou que a campaña de recollida de aceite usado está incluída dentro do programa Carballo Limpo, no que a reciclaxe e a protección ambiental é unha prioridade. O acto rematou cunha breve despedida na que Reave convocou aos colexios para volver a reunirse en setembro e sacar adiante a segunda edición do concurso. Os interesados e interesadas poden consultar o ranking final por colexios premendo aquí.

Compartir: