Inicio Carballo ao día Hemeroteca A III Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo...

CELÉBRASE O DOMINGO 16 DE XUÑO A PARTIR DAS 10.00 HORAS

A III Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo rexistra máis de 1.200 inscritos, a maior afluencia nos seus tres anos de vida

Martes 11 de xuño do 2013

O Concello, a través do organismo autónomo Padroado Deportivo Municipal, organiza esta proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA) que, ademais, é a carreira que abre I Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación. Tamén colaboran na organización da cita a Asociación Deportiva Media Ducia de Carballo, o Colexio Oficial de Fisioterapias de Galicia e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo. Celébranse as seguintes probas para diferentes categorías nos seguintes horarios e distanzas, especificándose os anos de nacemento dos participantes:

  • Benxamín: 2004-2005 / 1.000 m. / 12:05 am / 10 minutos.
  • Alevín: 2002-2003 / 1.600 m. / 10:00 am / 15 minutos.
  • Infantil: 2000-2001 / 2.000 m / 10:20 am / 20 minutos.
  • Cadete: 1998-1999 / 3.000 m. / 10:45 am / 20 minutos.
  • Xuvenil: 1996-1997 / 5.000 m. / 11:10 am / 40 minutos.
  • Absoluta: 1994 ata veterano / 10.000 m. / 12:00 am / 90 minutos.
  • Veterano 1: De 35 a 40 anos cumpridos ata o día da proba / 12:00 am / 90 minutos.
  • Veterano 2: De 41 a 49 anos cumpridos ata o día da proba /12:00 am / 90 minutos.
  • Veterano 3: De 50 a 59 anos cumpridos ata o día da proba / 12:00 am / 90 minutos.
  • Veterano 4: A partir de 60 de idade cumpridos ata o día da proba / 12:00 am / 90 minutos.

Os interesados e interesadas poden descargar o tríptico informativo da proba nesta mesma nova.

Compartir: