Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello renova os bancos de madeira dos...

OS LABORES COMEZARON NA PRAZA DO CONCELLO

O Concello renova os bancos de madeira dos parques e zonas verdes do municipio coa axuda de Aspaber

Mércores 12 de xuño do 2013

Hai que lembrar que a administración local pon en marcha de forma habitual melloras para a conservación e mantemento dos bens públicos do municipio. Estes traballos son acometidos pola propia brigada municipal, empresas especializadas, ou, neste caso, Aspaber, cuxo Centro Especial de Emprego tamén realiza a limpeza viaria do Concello. Así mesmo, o Concello tamén ten contado con diferentes Obradoiros de Emprego e Escolas Taller coas que a execución dos proxectos constitúe, así mesmo, un complemento máis na formación de persoas en situación de desemprego. Nos últimos anos téñense realizado numerosas actuacións: desde as obras máis emblemáticas ata o acondicionamento dos Xardíns do Centro e a ribeira do Anllóns, pasando por unha renovación integral e creación de novos parques infantís.

Compartir: