Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Fórum acolle a selección de...

CADA CURSO CONTARÁ CON 15 ALUMNOS E ALUMNAS

O Fórum acolle a selección de candidatos/as para os cursos de formación de Cociña e de Soldador para desempregados

Mércores 12 de xuño do 2013

Terase en conta a dispoñibilidade tanto horaria como xeográfica dos candidatos para facilitar a súa posterior inserción laboral nas empresas. Así, unha vez finalizada a formación teórica, os 15 alumnos e alumnas realizaran prácticas profesionais en empresas da zona relacionadas con sector metalúrxico e hostaleiro. A duración das prácticas sería de 40 horas para o curso de soldadura e de 80 horas para o curso de cociña. Os interesados e interesadas en obter máis información poden contactar co Fórum Carballo, situado na Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n do barrio da Milagrosa. O horario de inverno é de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas. O horario de verán é de 8.00 a 14.00 horas de luns a venres. O teléfono de contacto é o 981 709 010.

Compartir: