Inicio Carballo ao día Hemeroteca Protección Civil realizou 2000...

BALANCE ANUAL

Protección Civil realizou 2000 intervencións en 2005

Xoves 12 de xaneiro do 2006

O maior número de intervencións realizáronse por actuacións de botiquín nos meses de verán (472), accidentes e limpezas viarias (143) e incendios forestais (92). Foi este último un dos apartados que máis ascendeu en relación a pasados exercicios debido, en parte, á actuación en concellos da comarca que precisaron da colaboración de Protección Civil de Carballo. O mes de agosto, con 36 incendios forestáis, foi o máis pródigo neste ámbito, seguido de xullo (16) e setembro (14).

Balance de praias

Significativo é tamén o feito de que non se rexistrara ningún salvamento no areal de Razo durante a tempada de praias. Actuación que si requeriu o arenal de Baldaio, cun total de 12, sendo o máis destacado un rescate de sete persoas na Praia de Leira. O Concelleiro delegado de Protección Civil, Ramón Eirís, destacou neste sentido "a educación da poboación e o papel que neste aspecto xoga Protección Civil". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, comentou que "o traballo de Protección Civil é tremendamente meritorio e, dende logo, loable. A tendencia é ampliamente positiva e difícilmente mellorable, aínda que confiamos en seguir con esta boa racha". por certo que o Concello ten intención de solicitar a Bandeira Azul para a praia de Pedra do Sal en 2006.

Compartir: