Inicio Carballo ao día Hemeroteca Convocada unha xuntanza para constituir a...

CULTURA

Convocada unha xuntanza para constituir a Comisión de Festas do San Xoan

Martes 24 de xaneiro do 2006

O San Xoan constitúe a celebración festiva con máis proxección da vila de Carballo e unha das máis importantes de toda a comarca. A constitución da Comisión de Festas é o primeiro paso para a preparación do programa de actos que se desenvolverá a finais do mes de xuño. O inicio da xuntanza, da que poderán participar todos os interesados, está prevista para as 20,30 horas.

Compartir: