Inicio Carballo ao día Hemeroteca A maxia chega aos Venres Culturais co artista...

EN FAMILIA: DOMINGO 2 DE FEBREIRO ÁS 18.00 HORAS

A maxia chega aos Venres Culturais co artista Crhystyan Magic e o seu espectáculo "Imaxina que un día..."

Mércores 29 de xaneiro do 2014

Respecto á traxectoria deste mago, Chrystyan Magic comeza como animador turístico, presentador e showman, realizando multitude de proxectos de animación, de teatro e de espectáculos por toda Galicia. No ano 2000 estrea o seu primeiro número de maxia en público no programa da TVG "Tardes con Ana" presentado por Ana Kiro. Partindo da base da animación e do recoñecemento co que conta como mago, xorde a idea de crear algo novo, un estilo diferente, un espectáculo particular con identidade propia cuxa versatilidade dea a oportunidade de adaptalo a calquera tipo de público ou de evento, unha nova forma de entretemento que se convertese nun xeito exclusivo de celebrar calquera acontecemento. Así xorde "Chrystyan Magic" como marca, un proxecto feito realidade no que repartir sonos, sorrisos e diversión a nenos e a adultos por todos os escenarios de Galicia. O grande éxito obtido levouno mesmo a actuar máis alá das nosas fronteiras e a crear novos espectáculos de maxia. Na actualidade, mantén máis de seis espectáculos diferentes en cartel, e actúa para un gran número de municipios, empresas, centros escolares, hoteis. A Editorial Everest publicou unha obra literaria infantil baseada na súa infancia "Chrystyan Magic, Atrapado na Torre".

Compartir: