Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello informa dunha alerta vermella/laranxa...

RECOMENDA PRECAUCIÓN AOS VECIÑOS E VECIÑAS

O Concello informa dunha alerta vermella/laranxa por fortes ventos con refachos de más de 100 quilómetros por hora

Martes 4 de febreiro do 2014

Ademais, recoméndase tomar as seguintes precaucións: retirar todos os obxectos que poidan caer á rúa desde tellados, balcóns e fiestras, así como pechar e asegurar ben as portas, as fiestras e as persianas; camiñar preto das fachadas dos edificios e vixiar a posible caída de obxectos; evitar pasar preto de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, andamios e obxectos que poida derrubar o vento; en caso de ter que usar o vehículo informarse antes do estado das estradas e circular con precaución, especialmente nos adiantamentos de autobuses e camións, polo forte impacto do vento que se xera; non utilizar vehículos lixeiros nin de pouca estabilidade (bicicletas, ciclomotores); en caso de ter que deixar o vehículo na rúa, aparcalo nun lugar protexido do vento e ben inmobilizado; se dispón dunha embarcación, procure revisar o amarre antes da chegada do temporal. Os interesados e interesadas poden manterse ao tanto da información sobre as incidencias producidas e sobre o nivel das alertas na páxina web do 112 Emerxencias Galicia, que pode consultarse nesta mesma nova.

* Na fotografía: fortes ondas rexistradas estes días na praia de Razo. Imaxe cedida por La Voz de Galicia.

Compartir: